Amigus Labs | Amigus Labs • Maker 18.2
Fab Lab de As Pontes, un proxecto da Asociación Informática Amigus
Amigus, Lab, Fab Lab, As Pontes, Emprego, 3d, impresora, realidade virtual
674
post-template-default,single,single-post,postid-674,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-16.0.1,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.7,vc_responsive

Amigus Labs • Maker 18.2

Amigus Labs • Maker 18.2

O vindeiro 3 de marzo, no Lar de Endesa en As Pontes, terá lugar unha nova xornada de traballo de Amigus Labs, un espacio dedicado o arte, creación dixital e formación.

Na xornada do Amigus Labs • Maker 18.2 seguiremos traballando cos nosos prototipos, mediante Arduino e Raspberry PI, avanzaremos no prototipo da instalación interactiva, unha instalación manexada mediante o internet, onde os usuarios podrán interactuar cos obxectos fabricados no Fab Lab pontés.

Tras as probas na pasada sesión do mes de febreiro do robot velocista, levaremos acabo a montaxe dos robots velocistas de competición, pequenos vehículos intelixentes de carreiras, controlados por un microcontrolador ATmega328 con micromotores, Bluetooth e repleto de sensores, cámaras…

Outro equipo de traballo pondrá a punto a CNC, cos últimos retoques na estrutura para poñela a pleno rendemento.

Dentro da zoa Amigus Labs Kids comezaremos un novo proxecto realizaremos durante as vindeiras 4 sesións; a creación de reloxos dixitais. Nesta primeira sesión analizaremos o produto, aprenderemos a modelar en 3D e como imprimir as nosas pezas nas impresoras 3D. É recomendable traer un portátil ou PC para traballar cada un no seu propio equipo.

A idade mínima para participar tanto no obradoiro como na Amigus Labs é de 8 anos en adiante, a inscrición é gratuita.

Tódalas actividades realizaranse de 11:00 a 20:00, facendo unha parada para comer de 14:00 a 16:00. Comeremos no Lar, cun prezo de 15€/persoa (opcional).

Para asistir á Amigus-Labs tamén podes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instalalo e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

– Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo! e é necesario para o uso do oordenador).
– Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi – Regreta de enchufes.
– Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
– D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

– Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a Amigus-Labs arte e creación dixital, e que instales un antivirus.

A inscripción é gratuita, e o prazo remata o 1 de marzo. Podes apuntarte enviando un email a amigus@amiguslabs.org (prazas limitadas). Os menores deben traer a autorización dos pais/tutor para asistir a Amigus Labs (PDF).

Organizan:
Asociación Informática Amigus • Amigus Labs • Merca Nas Pontes

Colaboran:
Concello das Pontes • COHEMPO • ENDESA • EuroEume • Nauta • No Ping • Nodo Dixital • Triade • Severiano Agrocomercial • Escourido Asociados • Clip Carbono • Ferretería Marcos • Lujo • Matojoma • You can school of English • Fitter • Pontesa Marmoles y granitos • Desguaces Vilabella • Óptica Carmela • Galiorient • Servicio Móvil • Areco • Panadería San José • Fotografía Fabian • Don Dino • CONPLC • IcoEume • Preludio Musical • Arprosa • Radio Eter • Grupo de Empresa Endesa