Amigus Labs | Amigus Labs • Workshops
Fab Lab de As Pontes, un proxecto da Asociación Informática Amigus
Amigus, Lab, Fab Lab, As Pontes, Emprego, 3d, impresora, realidade virtual
636
post-template-default,single,single-post,postid-636,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-10.1.1,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.7,vc_responsive

Amigus Labs • Workshops

Amigus Labs • Workshops

O Lar de Endesa, acolleu unha nova xornada de traballo de Amigus Labs, o Fab Lab pontés, onde medio centenar de argalleiros puideron gozar aprendendo neste espazo maker.

Pola mañá os máis pequenos puideron coñecer e fabricar os seus primeiros circuítos electrónicos, e coñecer nocións básicas de electrónica e compoñentes, elaborando sinxelos circuítos en papel, utilizando cobre adhesivo, unha batería, ledes e mina de lapis para facer unha resistencia variable.

Xa pola tarde, tras recargar enerxía coas pizzas do Lar, os mozos argalleiros, aventuráronse a fabricar cada un o seu propio segue liñas, descubrindo os materiais e compoñentes e en moitos casos soldando con estaño por primeira vez. En apenas dúas horas os pequenos robots estaban listos para pasar á acción. Finalmente toco a hora de deseñar un circuíto de carreiras, onde os sete segue liñas fabricados puideron facer duras competicións.

Noutras zonas da Amigus Labs, os argallerios seguiron poñendo a punto a fresadora CNC de Amigus Labs. As impresoras 3d non pararon de extruir plástico en todo o día, nesta ocasión, Nando mostrounos a súa nova impresora que xa funciona á perfección. Javier mostrounos a súa máquina de corte e gravado Láser, que ten unha pinta espléndida. Ademais mostráronse distintos materiais e compoñentes e proxectos feitos con Arduino e Raspberry PI, así como drones.

De novo foi un día xenial para aprender e compartir coñecementos entre todos, onde todos nos fomos con ganas de repetir moi pronto.

Desde Amigus Labs queremos agradecer a todas as entidades colaboradoras e á súa implicación día a día no proxecto: Concello das Pontes, COHEMPO, ENDESA, EuroEume, Nauta, No Ping, Nodo Dixital, Triade, Severiano Agrocomercial, Escourido Asociados, Clip Carbono, Ferretería Marcos, Lujo, Matojoma, You can school of English, Fitter, Pontesa Marmoles y granitos, Desguaces Vilabella, Óptica Carmela, Galiorient, Servicio Móvil, Areco, Panadería San José, Fotografía Fabian, Don Dino, CONPLC, IcoEume, Preludio Musical, Arprosa, Radio Eter e ao Grupo de Empresa de Endesa.