
20 Mar Amigus Labs • Maker 18.3
O vindeiro 29 e 30 de marzo, no Mercado Municipal de As Pontes, terá lugar unha nova xornada de traballo de Amigus Labs, un espacio dedicado o arte, creación dixital e formación.
Na xornada do Amigus Labs • Maker 18.3 seguiremos traballando cos nosos prototipos, mediante Arduino e Raspberry PI, avanzaremos no prototipo da instalación interactiva, unha instalación manexada mediante o internet, onde os usuarios podrán interactuar cos obxectos fabricados no Fab Lab pontés.
Tras as probas na pasada sesión do mes de febreiro do robot velocista, levaremos acabo a montaxe dos robots velocistas de competición, pequenos vehículos intelixentes de carreiras, controlados por un microcontrolador ATmega328 con micromotores, Bluetooth e repleto de sensores, cámaras…
Outro equipo de traballo pondrá a punto a CNC, cos últimos retoques na estrutura para poñela a pleno rendemento.
Dentro da zoa Amigus Labs Kids o xoves 29 de 10:00 a 14:00 aprenderemos a modelar en 3D e como imprimir as nosas pezas nas impresoras 3D. É recomendable traer un portátil ou PC para traballar cada un no seu propio equipo. O venres realizaremos un obradoiro de robótica, onde podremos realizar varios robots.
A idade mínima para participar tanto no obradoiro como na Amigus Labs é de 8 anos en adiante, a inscrición é gratuita.
Para asistir á Amigus-Labs tamén podes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instalalo e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:
– Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo! e é necesario para o uso do oordenador).
– Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi – Regreta de enchufes.
– Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
– D.N.I.
Aparte disto, é recomendable traer:
– Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).
Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a Amigus-Labs arte e creación dixital, e que instales un antivirus.
A inscripción é gratuita, e o prazo remata o 25 de marzo. Podes apuntarte enviando un email a amigus@amiguslabs.org (prazas limitadas). Os menores deben traer a autorización dos pais/tutor para asistir a Amigus Labs (PDF).
Organizan:
Asociación Informática Amigus • Amigus Labs • Merca Nas Pontes
Colaboran:
Concello das Pontes • COHEMPO • ENDESA • EuroEume • Nauta • No Ping • Nodo Dixital • Triade • Severiano Agrocomercial • Escourido Asociados • Clip Carbono • Ferretería Marcos • Lujo • Matojoma • You can school of English • Fitter • Pontesa Marmoles y granitos • Desguaces Vilabella • Óptica Carmela • Galiorient • Servicio Móvil • Areco • Panadería San José • Fotografía Fabian • Don Dino • CONPLC • IcoEume • Preludio Musical • Arprosa • Radio Eter