Amigus Labs | Amigus Labs • Industria 4.0
Amigus, Lab, Fab Lab, As Pontes, Emprego, 3d, impresora, realidade virtual
379
post-template-default,single,single-post,postid-379,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-10.1.1,wpb-js-composer js-comp-ver-5.3,vc_responsive

Amigus Labs • Industria 4.0

Amigus Labs • Industria 4.0

O vindeiro 14 de outubro, no Lar de Endesa en As Pontes, terá lugar unha nova xornada de traballo de Amigus Labs, neste caso dedicado a creación dunha das máquinas con que se dotará noso Fab Lab, o pantógrafo CNC.

Na xornada do Amigus Labs • Industria 4.0 falaremos da democratización da fabricación, ou movemento maker, fronte ó modelo actual de modernización da industria; modelo, consistente en robotizar e automatizar, xerador dunha maior productividade, pero tamén dun maior desemprego.

O movemento maker, nembargantes, favorece o autoemprego, a fabricación personalizada e de lotes pequenos, grazas ao coñecemento aberto e colaborativo.

A cultura maker aglutina actividades relacionadas coa enxeñería, electrónica, robótica, impresión 3D, ferramentas CNC, e actividades máis tradicionais, como a metalurxia ou a artesanía.

Neste contexto, durante este Amigus Labs crearemos a nosa primeira máquina colaborativa, un Pantógrafo CNC cun área de traballo de 1300x950x300 mm, que nos permitirá comezar a producir as nosas pezas en madeira, contrachapados, MDF, plásticos, escumas, acetatos, PVC, policarbonato, poliestireno, poliuretano, fibra de vidro, de carbono….

Á súa vez, activaremos a nosa zona de impresión 3d, onde poderás coñecer a fondo como construír a túa propia impresora, que materias se precisan, como funciona, como preparar os modelos 3d para imprimir…. Para esta tarefa contaremos coa axuda de Álvaro Rey de MakerGal.

Os máis pequenos tamén terán o seu espazo, cunha zona Amigus Labs Kids, onde poderán asistir a un curso de micro soldadura con estaño e crear por si mesmos coches autónomos.

Tódalas actividades realizaranse de 10:00 a 20:00, facendo unha parada para comer de 14:00 a 16:00. Comeremos no Lar, cun prezo de 15€/persoa (opcional).

Para asistir á Amigus-Labs tamén podes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instalalo e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

– Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo! e é necesario para o uso do oordenador).
– Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi – Regreta de enchufes.
– Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
– D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

– Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a Amigus-Labs arte e creación dixital, e que instales un antivirus.

A inscripción é gratuita, e o prazo remata o 12 de outubro. Podes apuntarte enviando un email a amigus@amiguslabs.org (prazas limitadas). Os menores deben traer a autorización dos pais/tutor para asistir a Amigus Labs (PDF)

Organizan:
Asociación Informática Amigus • Amigus Labs • Merca Nas Pontes

Colaboran:
Concello das Pontes • COHEMPO • ENDESA • EuroEume • Nauta • No Ping • Nodo Dixital • Triade • Severiano Agrocomercial • Escourido Asociados • Clip Carbono • Ferretería Marcos • Lujo • Matojoma • You can school of English • Fitter • Pontesa Marmoles y granitos • Desguaces Vilabella • Óptica Carmela • Galiorient • Servicio Móvil • Areco • Panadería San José • Fotografía Fabian • Don Dino • CONPLC • IcoEume • Preludio Musical • Arprosa • Radio Eter • MakerGal • Grupo de Empresa Endesa