Amigus Labs | Amigus Kids Labs
Fab Lab de As Pontes, un proxecto da Asociación Informática Amigus
Amigus, Lab, Fab Lab, As Pontes, Emprego, 3d, impresora, realidade virtual
438
page-template-default,page,page-id-438,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-10.1.1,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.7,vc_responsive

Amigus Kids Labs é un laboratorio de creación que favorece o desenvolvemento da intelixencia, a creatividade e a imaxinación de nenos e novos. É un lugar onde se estimula o pensamento e prodúcese innovación, un espazo onde se realizan actividades educativas e lúdicas dirixidas a nenas e nenos de menos de 16 anos, enfocadas ao deseño e á fabricación dixital.

Amigus Kids Labs usa a tecnoloxía, o arte, a creación dixital, a creatividade e a co-creación, entre outras, para inserilas como eixo transversal no currículo da educación infantil, primaria e secundaria. Impresión 3D, fresado CNC, electrónica, robótica, programación, animación 3d, son e vídeo, son algunhas das habilidades que están integradas en cada un dos cursos, talleres e programas que desenvolvemos.

Amigus Kids Labs ofrece talleres curtos para que os participantes teñan un primeiro contacto co mundo Fab Lab, descubran a contorna tecnolóxica inmediata, familiarícense coa programación e afáganse a atopar solucións baseadas en problemas reais.

Proxectos

Novas / Axenda

Arduino Day está aberto para calquera que queira celebrar Arduino e todas as cousas incribles que se fixeron (ou se poden facer!) con esta plataforma de código aberto....

O vindeiro 29 e 30 de marzo, no Mercado Municipal de As Pontes, terá lugar unha nova xornada de traballo de Amigus Labs, un espacio dedicado o arte, creación dixital e formación....

O Lar de Endesa, acolleu unha nova xornada do Fab Lab pontés, onde argalleiros de todas as idades interaccionaron e aprenderon neste espazo maker....

O vindeiro 3 de marzo, no Lar de Endesa en As Pontes, terá lugar unha nova xornada de traballo de Amigus Labs, un espacio dedicado o arte, creación dixital e formación....