Amigus Labs | Amigus Labs un proxecto da Asociación Informática Amigus
Amigus, Lab, Fab Lab, As Pontes, Emprego, 3d, impresora, realidade virtual
5
home,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-5,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-10.1.1,wpb-js-composer js-comp-ver-5.3,vc_responsive
Podes soñalo?

Entón podes crealo

SOBRE NÓS

 

Amigus Labs é un proxecto da Asociación Informática Amigus.

 

O noso obxectivo é achegar posibilidades novas cada día, e facémolo poñendo en contacto persoas, ideas e proxectos, e facilitando o acceso a tecnoloxía e recursos.

 

Amigus Labs está formada por persoas curiosas e con ganas de aprender nun entorno de traballo amigable. Con acceso á tecnoloxía e compañeiros que nos axudarán na nosa aprendizaxe e con ese proxecto que tes en mente, que sabes que pode facerse, pero que agora non sabes como.

 

Amigus Labs é un proxecto en fase de desenvolvemento para a creación dun Laboratorio de Arte e Creación Dixital. Nestes espazos os deseños realizados por computador pódense materializar en obxectos reais.

 

O proxecto centrarase na creación dun espazo de traballo comunitario para fomentar o uso e o coñecemento da fabricación dixital e as novas tecnoloxías.

 

Amigus Labs poñerá a disposición de todos os cidadáns coñecementos e máquinas de precisión controladas por computador para poder realizar e desenvolver as súas ideas. Descubrirás o fácil que é chegar a usar as novas tecnoloxías para fabricar case calquera cousa, a través dun programa educativo de sensibilización que comprende talleres, actividades e cursos de capacitación relacionados coa arte e creación dixital.

 

Desde a cultura ‘open source’, baseada no concepto de compartir o coñecemento e fomentar o intercambio aberto de ideas. Queremos crear un impacto social e tecnolóxico a escala local empoderando aos cidadáns de As Pontes e comarca a través do uso de novas tecnoloxías, a reciclaxe e a creatividade.

 

O noso obxectivo é converternos nunha ferramenta educativa e creativa aberta para todos os públicos, a través dun espírito baseado na colaboración, o deseño e o coñecemento compartido.

 

Amigus Labs é un proxecto en fase de procura de colaboradores e financiamento, que nos permita dispoñer dun espazo físico entendido como espazo de traballo, estudo e desenvolvemento de proxectos.

icono_3

CURIOSIDADE

A curiosidade, inquietude e interese por aprender sempre novas cousas.

icono_2

XENEROSIDADE

A xenerosidade en ensinar, compartir coñecemento e colaborar cos demais.

icono_4

ESFORZO

O esforzo, a actitude de superación persoal e as ganas continuas de mellorar.

icono_1

ENXEÑO

O espírito creativo e enxeñoso como valor intrinseco do ser humano.

ACTIVIDADES

 

Para dar soporte ao noso obxectivo desenvolvemos as seguintes actividades e servizos:

 

• Os Talleres abertos AmigusLabs nas que as persoas poden ter un primeiro contacto co mundo maker a través de charlas e o desenvolvemento de proxectos, á vez que axudamos a que persoas con intereses similares coñézanse e colaboren.

 

• O acceso a unha comunidade local de makers, artistas, artesáns, e innovadores, conectados globalmente, que comparte coñecementos, procesos, ferramentas de deseño, fabricación, equipos de electrónica, mecanizado de precisión, prototipado rápido, fabricación dixital, impresión 3D, audiovisual, realidade virtual e máis.

 

• A impartición de programas educativos, cursos e talleres no ámbito da cultura maker.

 

• A organización, promoción e participación en actividades e eventos co obxectivo de fomentar o desenvolvemento da cultura maker.

Novas / Axenda

Durante o pasado sábado 14 de outubro, argalleiros de toda Galicia participaron na fabricación do pantógrafo CNC do Fab Lab pontes....

O vindeiro 14 de outubro, no Lar de Endesa en As Pontes, terá lugar unha nova xornada de traballo de Amigus Labs, neste caso dedicado a creación dunha das máquinas con que se dotará noso Fab Lab, o pantógrafo CNC. Na xornada do Amigus Labs......

A exposición tecnolóxica atraeu a moitas persoas curiosas e con ganas de aprender ao Mercado Vello...

Róbotica, audio dixital, drones, impresión 3d, proxectos de fabricación dixital e os video xogos centraron as actividades desta edición da Amigus Labs...

O vindeiro sábado 29 de xullo, de 10:00 da mañá a 20:00 da noite, no Lar, realizaremos unha nova edición da Amigus-Labs. Nesta ocasión faremos un obradoiro de arte e creación dixital. A idade recomendada para participar é a partir de 10 anos....

Sobre os FAB LABS

Os Fab Lab son laboratorios de fabricación dixital que proporcionan acceso a medios modernos de invención. Empezaron como un proxecto de extensión do Center for Bits and Atoms do Massachusetts Institute of Technology (CBA) que co tempo converteuse nunha rede global e colaborativa.

Que é un Fab Lab?

Os fab labs (LABoratorios de FABricación ou LABoratorios FABulosos) son unha rede global de laboratorios locais fan posible a creatividade e invención, a través de ferramentas de fabricación dixital.

Que hai nun fab lab?

Os Fab Labs comparten un inventario común en constante evolución, con máquinas e procesos para facer case calquera cousa. Isto permite que se compartan proxectos entre diferentes Fab Labs e que calquera persoa habituada a estas ferramentas e métodos estará igualmente familiarizada con calquera Fab Lab da rede.

Que ofrece a rede de fab labs?

A rede permite un apoio operativo, educativo, técnico, financeiro e loxístico máis aló do que se pode atopar nun único lab.

Quen pode utilizar un fab lab?

Os fab labs están dispoñibles como recursos comunitarios, permitindo o acceso aberto a individuos e desenvolvemento de programas e proxectos.

Cales son as túas responsabilidades nun fab lab?

– Seguridade: traballar sen facer dano, nin ás máquinas nin ás persoas.

– Funcionamento: colaborar na limpeza, mantemento e mellora do laboratorio.

– Coñecemento: contribuír á documentación e a aprendizaxe.

A quen pertencen as creacións dun fab lab?

Os deseños e procesos desenvolvidos nos fab labs poden protexerse e venderse da maneira que elixa o inventor, pero deben estar dispoñibles para que os individuos poidan usalos e aprender deles.

Poden os fab labs acoller negocios?

Un fab lab pode acoller actividade comercial na fase de prototipado, a condición de que o desenvolvemento do produto ou proxecto creza fora do laboratorio, non entre en conflito cos outros usos do fab lab, e beneficie aos investigadores, laboratorios e redes que contribuísen ao seu éxito.

Do mesmo xeito que a anterior transición desde os grandes computadores centrais aos PC (computadores persoais), as capacidades das máquinas/ferramentas acabarán sendo accesibles para a xente en xeral en forma de FP (fabricadores persoais). Esta vez, en cambio, as implicacións posiblemente serán aínda maiores porque o que se está personalizando é o noso mundo físico de átomo no canto do mundo dixital computarizado de bits.»
Prof. Neil Gershenfeld
Director, The Center for Bits and Atoms e fundador de FABLAB

Contacto

Asociación Informática Amigus

Apdo. de correos 134
15320 As Pontes de García Rodríguez
www.amigus.orgamigus@amiguslabs.org

Colaboradores